Laburo España: 250.000 ofertas de empleo

Contacontos (Cuenta cuentos)

Páxina de Carmen Milleiro, pagina totalmente bilingüe, aqui cadaquen escribe como quera en galego o castelán.

Festa no rio

11, 01 de 2006-05-01 de 2006
Chegou por fin o tan esperado baño do señor Alcalde da vila nas augas do río Lérez, a modo de novo Xordan, e como comenzo dunha nova era, a era do Lerez limpo.
Para celebralo todo un despliegue de medios. Na maña nada parecía presaxiar o que vería a tarde. Xuntámonos uns amigos para ir comer na xunqueira do Lerez, pero antes como non unhas "cañitas" (como din Raquel) na preza da Leña, na Praza da Verdura (lugar de encontro habitual) estaba cheo con o Mercadiño das antiguallas (por chamalo de algunha maneira).
Cerca das duas xuntamonos para ir la xunqueira do Lerez, Roberto pensaba que a mais xente ocurriease a mesma idea, pero teñiamola para nos soos. Dende a Leña a Xunqueira hai un bo treito, así que dimos boa conta das empanadas e demais manxares. Logo de volta á vila, de novo terraciña e cafetiño, e os nenos uns xelados.


Aqui parte da comitiva diante do clube Nautico


Pola tarde de todo, proxeccións de todo tipo en todo tipo de medios, pasarruas, payasos para os nenos, xigantes e cabezudos, charangas.


Os nenos detras dos peixes que esta vez subirónse nas beirarruas


Tamen deixaron boas estampas como ista dunha dorna no rio Lerez.



E pola noite concertos multiples, o mellor o de Mercedes Peón e Budiño no gremio de Mareantes. Nos soo chagamos a primeira peza, xa que Pedriño se nos dumiu na silliña de Raquel (ela aguanto como unha campeona ata as doce). Pero nos deu tempo de ver a proxección sobre a Ponte da Barca.

Comentarios

  1. Chispa dice:

    Con moita ledicia poder leervos de novo, os meus parabens polas fotos. A pesares das eivas que ten o BNG en Pontevedra, é con CRECES superior a calquer forza política na cidade.
    Quen diga que Pontevedra non cambiou nestes últimos 8 anos, ou é un cínico ou é un iluso.
    Escoitando a Budiño no Gremio de Mareantes, iso é un precer...sobre todo nós, os Milleiros, que descendemos de Mariñeiros (xa en 1510...Xoán Milleiro, Mareante de Redondela)...saúdos...esperando mais novas.

Agregar un comentario


Recordar datos
¡Un solo click vale!

LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009